concertos Fóra da Feira Culturgal: Toques do Caramulo + aCadaCanto + Banda Fura Fura

Novembro 30, 2012

Fóra da feira
A música traspasará os muros da feira Culturgal e o venres pola noite espallarase pola cidade de Pontevedra: Toques do Caramulo, que chegan ao Culturgal da man do ciclo Outonalidades da asociación cultural portuguesa D’Orfeu, actuarán no Café Moderno ás 21h; Xabier Díaz, Guadi Galego, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero retomarán o seu último proxecto aCadaCanto, tamén no Café Moderno, ás 22h30; a Banda Fura Fura, que conta coa presenza de Xurxo Souto, Sés, Ico, O Leo e Bocixa, entre outros, actuará na Sala Karma contra a media noite; e pecharán a noite María Yáñez e Iago Martínez cunha Picada de música galega, tamén na Sala Karma.

AXENDA

Facebook

22:30 h.
Café Moderno e Sala Karma, Pontevedra.