Concertos de Fuxan Os Ventos en Lugo

Maio 09, 2025

nota:

Fuxan os Ventos volta aos palcos para dúas noite moi especiais. O xoves 5 de xuño ás 20:30 h e o domingo 8 ás 20:00 h subirán ao escenario do Auditorio Municipal que a veciñanza de Lugo decidiu chamar Fuxan os Ventos.

O grupo fará unha pequena viaxe por algunhas das cancións máis emblemáticas e acompañarase de dúas propostas musicais actuais que mesturan tradición e modernidade, ás que ademais lles une unha especial relación: Faia e De Ninghures. Serán dúas noites únicas nas que cantarán ás persoas que xa non están; homenaxearán ás cantareiras, mulleres que gardaron e transmitiron tanta sabedoría popular; e tocarán para reivindicar a identidade de Galiza como pobo, coma sempre fixeron.

As entradas terán un prezo único de 10€ e poden adquirirse dende este venres 9 de maio ás 16:00h a través da web www.entradaslugo.es e tamén na Oficina de Turismo e nas instalacións do Vello Cárcere de Lugo.

Máis información sobre Fuxan os Ventos en www.fuxanosventos.gal

 

AXENDA

Facebook