concertos da xira galega de Assembly Point

Outubro 14, 2011

Con motivo do lanzamento do seu primeiro traballo discográfico, editado conxuntamente por Zouma Records e a compañía portuguesa Vachier & Associados, Assembly Point desembarca en Galicia para ofrecer a súa música en directo.

Tres músicos, tres países, e unha mesma paixón: a música folk acústica. Deste xeito Fernando Barroso no Bouzouki, Eoghan Neff ao violín, e Luis Peixoto na mandolina presentan un novo proxecto cargado de experiencia, enerxía e tradición.

Próximos concertos:
21/10/2011 – FNAC Coruña 19:30
21/10/2011 – A Cova Céltica – Coruña 22:30
25/10/2011 – Casa das Crechas – Compostela 22:30
26/10/2011 – Clavicembalo – Lugo 23:00
27/10/2011 – Fábrica de Chocolate – Vigo 22:30

Assembly Point – Assembly Point. 2011 Zouma Records / V&A. ZRCDO067.

Facebook

1 week ago

Ábrete de orellas
Mentres andamos a retraballar nunha cousa ben estimulante e necesaria, recuperamos traballos que non pasaron por Ábrete de Orellas ou o fixeron moi por riba."Memoria nova" é o último de Pantis @https://www.instagram.com/ulopantis/pantis.bandcamp.com/album/memoria-nova10 track album ... See MoreSee Less
Ver en Facebook