Concerto presentación Romaría Pop: Niño y Pistola + When Nalda Became Punk

Xuño 06, 2013

A segunda edición da Romería Pop, que terá lugar no compostelán Parque de Belvís o vindeiro sábado 15 de xuño, contará cun concerto de presentación o xoves 6 na Zona C a cargo das bandas Niño y Pistola e When Nalda Became Punk.

Niño y Pistola, unha das bandas de referencia do panorama musical galego da última década, estarán presentando o seu cuarto álbum There”s A Man With a Gun Over There (Ernie Records, 2013), un traballo conceptual no que se narra unha historia de desesperación, violencia e rebeldía, ambientada na América profunda dos anos 50, pero con fortes paralelismos respecto a situación que se vivimos hoxe en día na sociedade actual.

A obra está decididamente influenciada polos sons clásicos de bandas como Fairport Convention, Neil Young, o Dylan eléctrico ou mesmo os Beatles máis oníricos, e está estruturada en dúas caras, ou metades, polas que a narración vai fluíndo de forma natural nunha viaxe apaixoante chea de acenos á historia do rock e de exhuberancia instrumental.

Pola súa banda, os vigueses When Nalda Became Punk, virán co seu primeiro e flamante disco A Farewell To Youth, editado polo selo norteamericano Shelflife Records, e que atópase cheo de pezas de pop arroupadas por bases rítmicas e sintetizadores que nos transportan a era dourada do indie dos 90. Hedonismo e pequenas catástrofes cotiás en efectivas doses de tres minutos que serán o contrapunto perfecto a proposta máis densa de Niño y Pistola.

AXENDA

21:00 h.
Zona C, CGAC, Santiago de Compostela.