nota:
Concerto no Prado de Piego de A PEDREIRA. (son branco sen amplificación)
Auditorio natural da Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento.
Val de Lourenzá.
-domingo 13 ás seis da tarde-
A Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento con enderezo en Lourenzá realiza o seu terceiro acto cultural desde a sua inaguración en agosto. O primeiro foi un Curso de Creación Escénica, o segundo a performance 1faba1vida.
Este prado de regadio, á beira mesma do rio Baos é o espazo escénico mais natural e seguro para a expresión das artes. Salvo en casos excepcionais, respetase o son da natureza, por iso calquer experiencia artística vivida nel, non será a priori amplificada.
O prado de Piego, foi comprado por os labregos Marina Villapol e Daniel Oural nos anos 60 ao mesmo prezo que podia custar un piso en Foz, pois tiña a mellor herba necesaria para dar bon leite ás vacas. A dia de hoxe a herba do prado segue a ser un luxo de sementes saudabeis, e ainda non foi nen abonado artificialmente nen labrado. Un biodinámico verde paradisiaco de chan onde pousarse.
A terceira acción art do prado de Piego, Concerto de A Pedreira.
“Caelle o nome á Pedreira, e comeza unha andaina en solitario con novas canciois. Desde a sua arte compositiva, desde o seu pensamento musical dandolle maior importancia á sua función como trovadora, unha mao entre a baby guitar da sua filla e a guitarra clásica, e outra na percusión tradicional ou na consciente xestualidade da expresión cantada. Entre canción e canción os seus versos e ideas aventadas en forma de spoken word ou poema.
No prado de Piego interpretará varios temas compostos nestes últimos sete anos apartada dos escenarios convencionais, e terá como colaborador ao seu compañeiro, músico e productor bretón, Pierre-Yves Rougier ”
Mov.
Musicas e images_____
Videoclipe multidisciplinar.
Poema e pinturas de Enrique Gavilanes. (Pintor vigués afincado en London)
Relación Galiza-Bretagne.
Cover dos Nenos Orfos de Pilocha cunha melodia tradicional de Vannes. Produce Pier El Gabacho. Colabora o guitarrista bretón Niko Kervazo.
Spoken word entre Pier e Ugia, baixo o ritmo trad bretón, o an-dro