REFÓRZANOS
CONCERTO DA ESCOLA LIVRE DA MPG NO SALÓN TEATRO
25 DE MAIO. 21 h. Santiago de Compostela
Entrada: 10 €
Fondos para sustentar a ELMPG.
O vindeiro sábado 25 de maio aCentral Folque organiza un concerto especial do alumnado e profesorado da Escola Livre da MPG, centro de estudos en Santiago de Compostela que brinda a oportunidade de ver diferentes proxectos en palco: Os Cempés cos mozos e mozas da ELMPG, o Combo Folque de Pedro Pascual, Guadi Galego, o Noticiario Folk 1932 coa banda sonora ao vivo de Comisa Bal, o Ensemble vocal de Davide Salvado e Paulina Ceremusynska.
Os artistas colaboran xenerosamente neste concerto e os fondos recadados axudarán a facer sustentábel a Escola Livre e a súa continuidade. O prezo da entrada é de 10 €, para as persoas que non poidan asistir, hai unha fila 00 para contribuir co proxecto.
+ info en info@folque.com para saber como.
As entradas están á venda na Casa das Crechas, na Reixa Tenda, na Gentalha do Pichel, na Livraría Lilith/Ciranda de Santiago de Compostela. Tamén nas oficinas de aCentral Folque en Salvadas 22, baixo, Vista Alegre.
Non hai reservas. A billeteira do Salón Teatro estará aberto 1 hora antes do concerto.
PROGRAMA do concerto:
ENSEMBLE VOCAL dirixe Davide Salvado e Paulina Ceremuzynska
COMBO FOLQUE dirixe Pedro Pascual
CArlos Quintá e Seisdedos títeres
GUADI GALEGO e PEDRO PASCUAL
COMISA BAL sonoriza o primeiro documental galego “Noticiario Folk, 1932”
OS CEMPÉS acompañados dos mozos e mozas da Escola Livre da MPG