comunicado de prensa de Uxía ! A jam da madriña.

Novembro 18, 2016

Grazas infinitas polas numerosas mostras de cariño e de apoio chegadas desde a nosa soñada Galiza imaxinaria, de tantos lugares do mundo que percorremos xuntos e onde deixou sempre unha fonda pegada. Xa llo dicía eu a Fran Pérez, NARF moitas veces: “Quen sementa bos amores, colleita bos amores”. Foise coa lúa grande á mesma idade que nos deixou Rosalía. Vai ser difícil encher o baleiro inmenso, mais a nosa alianza de música e de vida non se apagará nunca.! !

Vou cumprir o seu desexo, o que me pediu expresamente nos últimos tempos: “Fai que aconteza moita música e vida arredor de ti, coma sempre. Ti tes ese gran don da empatía.
Podes voar sen esforzo neses ceos e mares. Adiante, compañeira”.! !
Retomamos, pois, o concerto do sábado, como Fran nos ensinou na súa viaxe “De Zigala a Zemambiquo”, para que a música non pare e nos dea folgos para seguir camiñando, sorrindo e cantando. ! !
Vai por ti, querido Fran!! !

CONCERTO “A JAM DA MADRIÑA”: UXÍA CON CONVIDADOS ESPECIAIS! !
Data: Sábado, 19 de novembro.!
Lugar: Auditorio Constante Liste, Teo.!
Hora: 22.30 h.!
Haberá buses dende Santiago diante do colexio de La Salle. Salida de Compostela ás 21.30 h.,
e volta a Compostela á 1.30 h.! !
Entradas:! A Senra Café (Santiago), Rúa Raíña 22, Santiago | Tel. 881 031 439!
A Senra Café (Teo), Rúa Ignacio Varela 5, Pontevea-Teo | Tel. 981 815 744!
! O Dezaseis (Santiago), Rúa de San Pedro 16, Santiago | Tel. 981 564 880 !
! ! Reservas por teléfono tamén netos mesmos locais.!

AXENDA