comeza o ciclo OUT-JAZZ en Ferrol

Setembro 23, 2011

coas actuacións de MONKILLOS o venres 23 e e MINGO & THE BLUES INTRUDERS o sábado 24

MONKILLOS o venres 23 de setembro no CC Torrente Ballester ás 22h. 3,00 €
MINGO & THE BLUES INTRUDERS o sábado 24 de setembro ás 20:30h no Teatro Jofre 5,00 €

A medio camiño entre o universo harmónico de Thelonious Monk e o desborde rítmico da tradición afro-cubana e flamenca. Sen pretensións pero cunha ambición moi clara se presenta Monkillos: ofrecer outra visión deste gran creador do século XX.
Marcelino Galán: guitarra
Miguel Cabana: percusións
Xacobe Martínez Antelo: contrabaixo

MINGO & THE BLUES INTRUDERS o sábado 24 de setembro ás 20:30h no Teatro Jofre – Ferrol – Entrada 5,00 €

Tras a súa longa experiencia en bandas de blues como a Caledonia Blues Band, The Blues Machine e The Blues Blasters, bandas que deron como froito a publicación de 7 CDs no mercado, Mingo Balaguer tivera sempre unha espiña cravada: a de experimentar dentro do campo da voz, pois sempre botara de menos a formación de cuarteto na que el tocase a harmónica e cantase.
Para cantar nunha banda de blues hai que coñecer a linguaxe, o cal el coñecía dabondo despois de tantísimos anos dedicados a este estilo.
Cumprida esta premisa, só quedaría a parte técnica, na que leva profundando bastante tempo, preparándose aos poucos para este reto.
Finalmente tomou a decisión de liderar un cuarteto a principios do verán do ano 2002 e decidiu que para desenvolver este proxecto era imprescindible contar con compañeiros cos que estivera durante anos, cos que non existisen segredos musicais, que soubesen o que tiñan que facer sobre un escenario con só mirarse e, sobre todo, cos que houbese boa sintonía a todos os niveis.
Esta claro que estes compañeiros eran: Quique Bonal, (guitarra) Fernando Torres, (baixo) e Juan da Oliva (batería).
A súa proposta pretende abarcar un gran abanico de estilos dentro do campo do blues.
Decantáronse por formar un repertorio que contería influencias que van desde o máis puro estilo do blues electrico de Chicago ao estilo texano, pasando polo jump – blues e o West Coast californiano.

www.mingobalaguer.es

AXENDA

Facebook