“Baixo a vide. Concertos con denominación de orixe”, unha proposta que se puxo en marcha en 2013 con grande éxito, une a música máis actual con adegas galegas de prestixio. O ciclo arranca a programación o mércores 19 de febreiro e de aquí ao outono varios locais e adegas de Galicia das diferentes denominacións de orixe acollerán actuacións de referencia acompañadas das mellores degustacións.
Ao igual que na anterior edición, todos os concertos contarán coa presenza e colaboración dunha adega galega no que dará a coñecer os seus produtos. O escollido para abrir o ciclo é o de Maronda, que presentará os seus temas este mércores no Kunsthalle en Santiago de Compostela, e no que a adega Joaquín Rebolledo ofrecerá a degustación dos seus viños. O 19 de marzo Neil Halstead interpretará o disco “The Velvet Underground&Nico” no Teatro Principal de Santiago, en colaboración con Altos de Torona. No mes de abril, Baixo a Vide desprázase a Ourense, co directo o día 11 de Emily Jane White no Café&Pop Torgal, tamén coa participación da adega Joaquín Rebolledo. O 22 de maio será a quenda de Tórtel, que presentarán os seus temas na Casa das Crechas de Santiago. Xa metidos no verán, en xullo, Sidonie actuará no
concello lugués de Sober, nas Bodegas Regina Viarum.
nota:
Promovida por I-Radia Crea e En Panties Producciones, a nova programación chega logo dunha máis que existosa edición inaugural en 2013, con aforos repletos e na que participaron artistas destacados tanto a nivel nacional como internacional, como Señor Chinarro, Xoel López, Damien
Jurado ou Robyn Hitchcock, entre outros. O obxectivo de Baixo a Vide é consolidar esta oferta cultural e enolóxica innovadora e abrir espazos a novos públicos.
Desde a organización sinalan que é un ciclo vivo e aberto, no que continúan traballando na súa programación e auguran novas propostas que irán presentando nos sucesivos meses. Así mesmo, tamén é de destacar a implicación e o entusiasmo das adegas galegas que participan nesta aposta, tanto na edición de 2013 como nesta de 2014, e dos propios artistas.
ARTISTAS E PROGRAMACIÓN
Maronda. 19/02, Kunsthalle Compostela (Santiago)
O músico valenciano Pablo Maronda é o encargado de inaugurar a nova edición de Baixo a Vide, na que é a súa primeira visita a Galicia. A proposta de Maronda coida ao mínimo cada detalle, nunha música cultivada a base de referencias literarias e melodías de grandes compositores británicos como Nick Lowe ou Robyn Hitchcock, un dos participantes na anterior edición do ciclo, ademais de referencias do pop español dos 60 como Los Brincos ou Los Ángeles.
Maronda ten previsto publicar en datas próximas novo traballo, despois de chamar a atención do panorama independente con “El fin del mundo en mapas” (2010) e o autoeditado “La orfebrería según los místicos” (2013).
O concerto de Maronda é o mércores 19 de febreiro, no Kunsthalle Compostela, a partir das 20:30 horas. O acceso é libre e gratuíto ata completar aforo. Os asistentes poderán degustar os viños da magnífica bodega Joaquín Rebolledo, da Denominación de Orixe Valdeorras, que participou xa na primeira edición de Baixo a Vide.
Neil Halstead. 19/03, Teatro Principal (Santiago)
Un dos concertos máis agardados deste primeiro trimestre do ano é que presenta Neil Halstead no Teatro Principal de Santiago, da man da adega Altos de Torona, do Concello do Rosal e Denominación de Orixe Rias Baixas. O británico interpretará o imprescindible do rock “The Velvet Underground&Nico” (1967). Todo un reto para unha revisión contemporánea en directo dun álbum clásico, proposta incluída no ciclo We Used To Party, no que os grupos tocan completos aquel traballo alleo que máis lles marcou na súa carreira, que lles gustaría telo composto eles ou que lles resulta máis relevante por calquera motivo.
Halstead, que fóra líder da banda de culto no panorama indie Slowdive e logo da formación country-folk Mojave 3, emprendeu fai unha década a súa carreira en solitario e logrou consolidar o respeto da crítica e do seu público. A actuación será o 19 de marzo no Principal, a partir das 20:30 horas. As entradas están á venda por un prezo de 15 euros en entradas.novagaliciabanco.es.
Emily Jane White. 11/04, Café&Pop Torgal (Ourense)
Emily Jane White presenta en Galicia o seu último disco “Blood/Lines”, lanzado en outubro de 2013. A artista actúa nun dos locais claves da noite ouresá, o Café&Pop Torgal, o 11 de abril, local onde se poderán conseguir as entradas. Nesta ocasión, acompáñaa un dos funtamentais da programación de Baixo a Vide: o D.O Valdeorras Joaquín Rebolledo.
Os asistentes coñecerán de primeira man esta nova proposta musical da californiana, que a define como unha colección de viñetas, con canción escuras construídas sobre a emoción. O disco conta con menos parte do minimalismo folk rock que caracterizou as súas anteriores composticións. Agora, a reverberación e o impulso rítmico, capas de sintetizador, guitarra eléctica e voz etérea.
Inspirado no sinistro da cultura americana, e pasando polo blues da era da depresión, revela motivos góticos clásicos, con temas como a melancolía, o romance, o illamento ou o abandono. A súa voz singular serve como nexo cos seus anteriores traballos “Dark Undercoat” (2008), “Victorian America” (2009) e Ode to Sentencie (2010)
Bart Davenport. 30/04, Sala Capitol (Santiago)
Da man de Baixo a Vide, e en colaboración con A Reixa, o artista californiano vai presentar en Galicia “Physical World”, o seu novo traballo, que sairá á luz o vindeiro 4 de marzo. Os temas que o compoñen rebosan sinceridade e sentido do humor para falar da vida e do amor no mundo moderno. Na súa xira de presentación acompáñano desde Los Ángeles unha banda de luxo formada pola guitarra de Wayne Faler (Dream Boys), Jessica Espeleta ao baixo e Andrés Rentería, na batería.
A Sala Capitol é o lugar desta cita musical, que será o mércores 30 de abril, a partir das 21:30 horas. As entradas xa están á venda por un prezo anticipado de 12 euros, na Billeteira do Teatro Principal (de 18:00 a 21:00 horas, de martes a xoves), A Reixa Tenda,
Miranda, Kartoffel, ticketea.com e salacapitol.com. No día do concerto custarán 15 euros.