combo dinamo “decencia y buen gusto”

Abril 20, 2008

Os coruñeses Mistakens collen novos folgos transformándose en Combo Dinamo. Nestas meritorias doce composicións propias e unha versión (“Libre elección” dos Devo) seguen a apostar polo pop enerxético, ese que pode lembrar aos primeiros Jam e Police ou a outros seguidores da new wave como os Hives ou Franz Ferdinand. A contundencia que aportan dúas guitarras e un novo teclista sumado a un notorio paso adiante na produción fan deste álbum un bo debut que, ademais, defenden con forza no directo. Abondan os temas de 2-3 minutos, vigorosos e até acelerados, algúns con tanto gancho como “Más de lo mismo”, “Tu luz brillando” ou “Planetas”. A excepción pona “Algo es mejor”, un tema máis reflexivo e relaxado que crea boas expectativas cara a posteriores entregas con máis argumentos no musical. Ollo coa edición en vinilo rosa!.Edita Wonderland e distribúe Junk.
PEPE CUNHA 20-abril-2008

Facebook

1 week ago

Ábrete de orellas
Versión da mítica "Fairytale of New York" dos Pogues a cargo de Iván Ferreiro , Guadi Galego e moitas máis ... See MoreSee Less
Ver en Facebook