Encadrado na semana de actividades arredor do festival Terra da Fraternidade, chega ao Ultramarinos a proposta dun grupo de músicos e cantores galegos e portugueses de diversa procedencia musical, constituídos no COLECTIVO ZECA AFONSO, que apoian e colaboran para cantar as músicas deste importante creador portugués, que mantivo fortes lazos afectivos e solidarios co idioma e a cultura galega por mor das súas amizades, das súas actuacións e do seu enorme interese pola cultura e lingua do país.
Ofrecerán unha significativa mostra do repertorio do José Afonso nos seus diferentes estilos e épocas: baladas, cantos populares, solidarios, de intervención ou protesta…
Eles son:
XICO DE CARINHO: harmónicas e percusión.
HUMBERTO HEREDIA: voz e guitarra
JOSÉ PUMAR: voz, banyo, frauta, acordeón e percusión galega
PILI GONÇALVES: voz e percusión galega