Colectivo Oruga

Abril 21, 2012

Electrónicos, eléctricos, eclécticos, luminosos, lisérxicos, delirantes e deliciosos. Bases electrónicas que combinadas coas guitarras (Alex Mera) e diversos sintetizadores conseguen unha especie de amables estridencias sonoras, unha verdadeira explosión de cor sobre as que navega a fantástica e nada usual interpretación vocal de Iago Martínez. Efectistas e efectivos, as referencias poden ser tantas e tan variadas que custa resumir. É como se fixeran un grupo David Byrne de Talking Heads e Wayne Coyne dos Flaming Lips con The Rapture e Simian Mobile Disco. Como se The Postal Service enviáranlle un mail a Arcade Fire con copia a Clap Your Hands Say Yeah e Mgmt. O seu álbum too many knobs está ateigado de melodías e de ritmo, pero sobre todo dun bo gusto e un saber facer impropio de debutantes. Colectivo Oruga son un grupo chamado a unirse a ese curto listado de bandas que non van “a rebufo” do que se fai fóra das nosas fronteiras, senón que están á altura e pretenden competir nas ligas maiores. Too many knobs ten sido gravado nos estudios Villa Angelina e Litium por Gonso Pedrido e Iago Lorenzo e masterizado nos West West Side studios de New York por Alan Douches (animal collective, the rapture, the chemical brothers…). Un colectivo no sentido estricto do termo, a parte visual, obra de Cuco Pino, ocupa unha parte fundamental, tanto nos seus vídeos oficiais, como nos seus constantes experimentos a través de redes sociais e por suposto en directo, onde as cancións sempre levan un contrapunto visual que lles aporta matices e ambientes enriquecedores. O seu directo é unha verdadeira delicia, profesionais ao 100% vólvense loucos para reproduci-lo seu son cunha ampla mistura de sintetizadores, samplers, caixas de ritmos, theremin e guitarras que tecen unha maraña sónica rica en matices e detalles. O grupo está formado por: Álex Mera (guitarras, sintetizadores, programación e coros), Iago Martínez (voz, guitarras, programación, sintetizadores e samplers) e Cuco Pino (visuais, programación e theremin). O tempo poraos onde smerecen…
www.myspace.com/colectivooruga

AXENDA

23:30 h.
Bar Liceum, O Porriño
5 € / 4 € (anticipada) / 2.5 € (soci@s)