Coladera

Febreiro 18, 2016

Xoves 18 21h 5€

COLADERA (Vítor Santana, Joao Pires e Miroca Paris), un proxecto que celebra o encontro musical de tres mundos musicais que homenaxean os ritmos lusófonos e teñen na língua de expresión portuguesa a matriz deste traballo. Os mundos do Brasil e de Portugal fúndense diálogo baseado soamente en guitarras, percusións e voces, traendo un ambiente sonoro rico e mestizo. Óense ecos de África, do candomblé, do fado e do flamenco, do samba, da rumba e do mambo, un portugués con sotaques diferentes alén do tempero especial da percusión acústica. Todo iso da maneira máis crua e directa.

A coladera é un ritmo popular caboverdiano nacido da morna, á súa vez orixinada de ritmos como o fado português e o lundum angolano. Também foi influenciada polo samba, pola rumba e pola cumbia. É símbolo deste fluxo vivo que constitúe o encontro de diferentes matrizes da música popular iberoamericana, a un só tempo tradicional e mestiza, negra e branca, raíz e invención.

João Pires trae a canción portuguesa, a guitarra ibérica e a vertente africana traída dos anos nos que viviu en Cabo Verde. Vitor Santana engade a súa voz e seu violão popular brasileiro, a influencia latina e a súa ligazón profunda con Cuba. Miroca Paris completa o trío coa mellor herdanza dos batuques de matriz africana, en máis de dez instrumentos de percusión orixinarios de tres continentes onde se fala o português.

Vídeos visita anterior ás Crechas:

AXENDA

Facebook

1 hour ago

Ábrete de orellas
o novo de Quant ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €