Coanhadeira

Abril 07, 2016

nota:

COANHADEIRA

Concerto presentación de ‘Bicos con luvas’.

Nalgúns lugares da Galiza, as coanhadeiras eran aquelas mulleres (ou tamén a vasoira empregada) responsables de varrer os restos do cereal logo das duras xornadas da malla. Con esta idea xorde Coanhadeira no ano 2006, unha banda de música folque que amosa aqueles “restos” musicais conservados até os nosos días a través da tradición oral da cultura galega. Grazas á beleza das melodías tradicionais e aos seus directos cargados de forza, esta banda acadou numerosos galardóns e camiñou sobre moitos dos principais escenarios folque do sur de Europa, como o Festival de Pardiñas, A Carballeira de Zas, o Festival Intercéltico de Ortigueira, Sauga Folk (Colindres – Cantabria), Trobada de Buners (Andorra) ou o Festival Interceltique de Lorient (Francia).

AXENDA

21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
5 €