nota:
O Plan de Reactivación dos Sectores Cultural e Turístico do Goberno galego comeza a materializarse no sector da música en directo, un dos máis castigados pola crise do COVID19. As salas de concertos de Galicia pechaban as súas portas o pasado 13 de marzo, un día antes da declaración do Estado de Alarma, xusto no momento no que comezaba a temporada alta de programación.
Tres meses despoís, o sector regresa con novos pulos pero cunha incertidume económica enorme, agravada polas restriccións no desenvolvemento da súa actividad. Para paliar todas estas consecuencias negativas, a Xunta de Galicia pon en marcha Directos Xacobeo’21 en Salas, un proxecto coordinado a través de Clubtura, a Asociación Galega de Salas de Concertos, que axudará aos recintos profesionais privados galegos a programar de novo.
Até un total de 40 salas e un máximo de 160 bandas galegas participarán neste proxecto, que conta con prazo de inscriciónaté o venres 19 no caso das salas, e até o luns 22 no caso dos proxectos artísticos, e que conta cun aliciente especial: os directos serán gravados a multicámara de xeito profesional e editados para a súa retransmisión online, permitindo unha maior difusión da programación, e garantindo ao público o acceso á música en directo. O proxecto conta cun orzamento total de 400.000€.
“O ecosistema de salas de concertos é fundamental para a música en Galicia”, explica Alberto Grandío, presidente de Clubtura, “e o momento que atravesamos fai especialmente complexa a súa supervivencia. Proxectos como Directos Xacobeo’21 en Salas supoñen un apoio imprescindible, que esperamos que, sumado a outras iniciativas, permita ao sector garantir o seu futuro”.
As bases da convocatoria están dispoñibles na web: