Club del río “Un sol dentro”

Decembro 11, 2017

Non son unha banda ao uso, senón un club de amigos. Esteban de Bergia, Álvaro Ayuso, Juan Serra, Juan Feo, Adriano Pezzi, Jacobo de la Viña e Álvaro Baños coñécense desde a infancia e comparten un proxecto no que case sempre escrebe Esteban pero onde todos son protagonistas das músicas. Para este segundo disco trasladáronse á casa-estudio La Mina en Sevilla de Raúl Pérez, con cuxa axuda nunha semana de convivencia sacaron adiante estes 11 temas. Así completaron un traballo personal e diferente, difícil de catalogar pero sorprendente entre a uniformidade e as tendencias; especialmente polos seus retrousos, coros e diversidade estilística.

“Buen día” invita ao disco con frescura; despois a “Estampida” de swing e algo de caos grazas ás palmas e” jaleos” do Tomasito e Víctor Iniesta; “Candela” ten algo de plegaria enchoupada polo pop-rock andaluz dos anos 70; “Montaña” ben podería estar no “Atlántico” de Xoel López e por iso non podía haber mellor colaborador; a música latinoamericana nunha “Guateque” onde brilla Manuel Machado aos ventos; “Nigeria” lévanos ao afrobeat; “Amar es llorar” e “Condición” son unhas baladas vitais das que atrapan; ”Famélico” ten máis de desasiego progresivo; ”Terciopelo” viaxa á Norteamérica rural … e ”Materia gris” redondea a colección casando co estilo “campestre” da apertura ”Buen día”.

Sen acometer un puro exercicio de estilo en cada canción pero si embriagándose dun mundo de influencias, ”Un sol dentro” é un álbum gratamente desconcertante e fresco, que invita a ver o Club del Río ao vivo.

Pepe Cunha, 11-decembo-2017

AXENDA