Clotilde Trouillaud + Lulavai + Rossitza Milevska Trio

Agosto 03, 2018

nota:

19.00 CLOTILDE TROUILLAUD (Sta. María A Nova, entrada libre) e 21.30 LULAVAI + ROSSITZA MILEVSKA TRIO (Praza do Tapal, entrada libre)

Remata o Noia Harp Fest cunha xornada especialmente feminina, protagonizada pola bretoa Clotilde Trouillaud, que actuará en Santa María A Nova; o cuarteto galego Lulavai e o trío da búlgara Rossitza Milevska.

Clotilde Trouillaud procede da música tradicional bretoa, onde participa en numerosas experiencias musicais. Despois de variaspublicacións colectivas especialízase na composición a partir do seu album en solitario “Solo” en 2011, que foi moi ben acollido pola crítica.

Lulavai son Lorena Reinaldo, Paula Oanes, Josefa Fernández e Elena Paz, un insólito cuarteto femenino onde o protagonismo das arpas e o son doce das súas voces dan vida a un estilo propio e único. Volven ao Noia Harp Fest na quinta edición despois de ter participado na primeira en 2014.

Rossitza Milevska formouse en Sofía (Bulgaria), aínda que agora desenvolve a súa carreira profesional en Francia. Cultiva dun xeito moi persoal a música de jazz na arpa clásica de pedais. Este vai ser o seu único concerto en España, onde o trio vai sorprender ao público cun repertorio especialmente orixinal e creativo.

Este festival está organizado polo Concello de Noia co apoio da Deputación da Coruña.

Poden consultar todo o programa en:

Facebook

19:00 h
Santa María a Nova e Praza do Tapal, Noia.
De balde.