Clave de Fado

Abril 27, 2012

CLAVE DE FADO, MAÑÁ EN DETRAS DO MARCO

O grupo Clave de FaDo -composto por Iria Estévez (vocalista), Pepe Piña (guitarra acústica e compositor) e Gonzalo Piña (guitarra española)- actuará no local Detrás do Marco (entrada gratuíta).

Clave de FaDo nace en Galicia no ano 2009 coa intención de crear unha formación musical diferente, que inclúa fundamentalmente, música portuguesa e galega, sendo interpretada cunha sonoridade propia, lograda a través da súa instrumentación pouco habitual para este tipo de música. Nas súas actuacións, fai un percorrido polos distintos tipos de fados e as músicas galegas máis poéticas, combinando así a frescura dos fados máis alegres coa emoción das cancións galegas e fados máis sentidos.

AXENDA

Facebook

20:30 h.
Detrás do MARCO, Vigo
De balde