Claudio H

Novembro 26, 2015

nota:

A Casa das Crechas acolle un concerto de Claudio H, un cantautor arxentino que visita Galicia coa súa canción mestiza, arriscada, divertida e bailonga.

O seu é unha ecléctica fusión de estilos: ritmos afro-latinos, brasileiros, reggae, funk, swing… e sempre o jazz no fondo. Letras feitas desde a poesía do cotiá; alegres pero pensando, bailando pero calando fondo. Un colorido universo onde todo pode pasar e nada pasa desapercibido. Letras desenfadadas e cantadas para chegar ben dentro.

Claudio H é músico e compositor, autor, arreglista e produtor, guitarrista, contrabaixista, cantante, contador de historias e aprendiz de case todo. Naceu en Buenos Aires, pero vive en Madrid desde 1989 dedicándose profesionalmente á música. O seu primeiro álbum, ”Canciones de allá y de acá”, foi publicado en 2003. Seguíronlle “Historias”, en 2005, “Cartonero” en 2007, “Placer de Volar” en 2009, e “El tiempo Empieza Ahora” en 2013.

O arxentino presentou o seu traballo en escenarios e festivais de todo o Estado, así como en Arxentina e algúns países europeos, ademais de ter colaborado como músico e como arranxista con outros artistas.

Claudio H comeza a súa xira galega o xoves 26 na Casa das Crechas (Santiago de Compostela) e continúa o venres 27 no Galo do Vento (Vigo) e o sábado 28 en Moaña (Var con Uve).

Máis info:

AXENDA

Facebook

15 hours ago

Ábrete de orellas
hoxe comeza unha xira galega de Akafree.Eis as datas na axenda orelludaXoves 15. Santiago: Borriquita de Belém. 21:30h. 12€Venres 16. A Coruña: Filloa. 21:30h e 23h. 12€ cada paseSábado 17. Ferrol: Sala Urania, sesión vermú. 12:30h. Achega voluntariaSábado 17. Pontedeume: El Patio. 21hChefa Alonso : composicións, saxo sopranoMaría Prado: violoncheloJorge Frías: contrabaixoFernando Lamas: batería ...
Ver en Facebook (ábrese nunha nova pestana)
21:00 h.
Casa das Crechas, Santiago de Compostela.
6 €