Circuit Des Yeux

Abril 27, 2018

nota:

Circuit des Yeux trae “Reaching for Indigo” ao MAC da Coruña
O venres 27 de abril ás 21h dentro do ciclo Vello, Raro, Novo comisariado por Sinsal

Unha voz avasaladora e un disco precioso. Sen medias tintas, “Reaching for Indigo” é a última marabilla de Circuit des Yeux. Cos seus anteriores discos foi construíndo un lugar feito con sons de procedencia diversa, certa dimensión de cantante e compositora folk e moita emoción. Porque para Haley Fohr a música é a resposta a todo. Chega á Coruña e o seu concerto será dentro do ciclo “Vello, raro, novo”, que comisaria Sinsalaudio no Museo de Arte Contemporánea (MAC) da Fundación Gas Natural Fenosa na Coruña (Avda. de Arteixo, 171) e que continúa en maio con Lisa LeBlanc (24/05).

Circuit Des Yeux é o nome artístico de Haley Fohr, compositora e cantante afincada en Chicago. O seu estilo, que foi descrito como folk experimental, transcende amplamente esta etiqueta para situarse nun universo aparte. Circuit Des Yeux acadou o seu su quinto álbum cun proceso de constante depuración artística no camiño. “Reaching for Indigo” (2017), é un novo escenario no que a voz de Fohr –que pode evocar a de Nina Simone– xoga co seu rexistro de barítono, guiando a unha música capaz de encarnar a complexidade das emocións humanas. Estamos ante unha autora valente, de grande inventiva e moi hábil á hora de afectar os sentimentos a través das súas melodías.

O tour europeo de Circuit des Yeux chega ao MAC o vindeiro venres 27 de abril ás 21h.

Entrada: 8 euros. En Entradas Abanca, Portobello Discos e no propio museo.

AXENDA

21:00 h.
Museo de Arte Contemporánea, A Coruña.
8 €