Cineconcerto:

Abril 14, 2019

nota:

Apertura de portas: 20:30h. Cineconcerto: 21:00h. Venda de entradas

O Acoirazado Potenkim é a película máis emblemática do cinema mudo e será a responsable do peche do ciclo CineConcertos.

Este filme foi un dos seleccionados polo goberno ruso en 1925 con motivo da conmemoración do vixésimo aniversario do errado golpe revolucionario de 1905. Prohibido en numerosos países capitalistas, en Francia en particular ata 1952, algúns espectadores tiveron que recorrer a teatros de extrema esquerda para gozar da escena da famosa escaleira monumental. O acoirazado Potemkin é a sinxela narración dun dos episodios máis coñecidos: o motín que estala a bordo do navío con motivo dunha repartición de carne chea de vermes. A tripulación do Potemkin, cansa do trato vejatorio e inxusto recibido por parte dos oficiais, se amotina fronte ao porto de Odesa, marcando así o inicio do reguero revolucionario que sacudiría toda Rusia.

A banda sonora desta obra mestra do cinema mudo será interpretada en directo por RAISA e o ecléctico guitarrista XISCO ROJO, cuxos estilos combinan o rock e a psicodelia con elementos folk. A súa música caracterízase pola transformación e experimentación cuxa finalidade principal é conmover ao oínte, e conségueno sen deixar indiferente a ninguén. A súa arriscada proposta de luz e psicodelia para a película acompaña emocional e rítmicamente o que acontece na gran pantalla.

AXENDA

Facebook

21:00 h.
Teatro Jofre, Ferrol.
8 €