Cinceconcerto: Morales e “Metrópoils”

Maio 12, 2018

nota:

MORALES PON A MÚSICA A “Metrópolis”

Apertura de portas: 20:30h.
Cineconcerto: 21:00h.

Entrada adiantada: Dende 8 euros.
Billeteira: 10 euros.

Venda de entradas en www.ataquilla.com e billeteira do Teatro Jofre.

Futuro, ano 2000. Na megalópolis de Metrópolis a sociedade divídese en dúas clases, os ricos que teñen o poder e os medios de produción, rodeados de luxos, espazos amplos e xardíns, e os obreiros, condenados a vivir en condicións dramáticas recluídos nun gueto subterráneo, onde se atopa o corazón industrial da cidade. Un día Freder (Alfred Abel), o fillo do todoperoso Joh Fredersen (Gustav Frohlich), o home que controla a cidade, descobre os duros aspectos laborais dos obreiros tras namorarse de María (Brigitte Helm), unha rapariga de orixe humilde, venerada polas clases baixas e que predica os bos sentimentos e ao amor. O fillo entón advirte ao seu pai que os traballadores poderían rebelarse.

Morales é un compositor de electrónica que leva cegando no panorama nacional dende o seu debut en 2015. Considerado por jenesaispop como un dos artistas con maior proxección de España, Morales bríndanos unha produción electrónica moi elaborada.

Os Cineconcertos son unha atractiva proposta do Teatro Jofre Ferrol onde o espectador pode asisitir a proxeccións dalgún dos mellores títulos do patrimonio fílmico universal coa música en directo de grandes compositores e intérpretes.

21:00 h.
Teatro Jofre, Ferrol.
8 / 10 €