nota:
SON ALOUMIÑOS- FERROL- CAPELA DO TORRENTE BALLESTER
Aloumiño: xesto ou aceno cariñoso que se lle fai a alguén co propósito de contentalo ou facelo feliz. Esa foi a meta que se buscaba coa a creación deste ciclo, que se achegará un mércores de cada mes á capela do Torrente Ballester de Ferrol.
Moitas horas rebuscando entre artistas de todo o mundo co obxectivo de atopar aqueles que, aínda non sendo moi coñecidos, foran os candidatos perfectos para ofrecerlle ao público nunha serie de concertos de pop, americana e música de raíces que non esquecerán na súa vida. Uns espectáculos moi seleccionados no que a calidade é o que prima.
Nesta primeira edición organizada pola concellería de Cultura do Concello de Ferrol, participarán artistas procedentes dos Estados Unidos, Francia e o Reino Unido. Todos eles en formato acústico e reducido que axudan a crear esa atmosfera cálida e íntima que este novo ciclo precisa. Convidámosvos a descubrir e mergullarvos nestas auténticas xoias da historia da música internacional:
Entradas xa a venda na billeteira do Teatro Jofre e …