ciclo Pel de Galiña no Museo Gaiás

Abril 29, 2013

nota:

O Museo Centro Gaiás convertarse durante cinco noites nun escenario aberto á fusión, ritmos suxerentes, voces poderosas e cálidas e sons únicos baixo unha premisa: ofrecerlles aos espectadores música que emociona. Será a través do ciclo Pel de galiña, cinco actuacións que van directas á pel, que trascenden de estilos e xéneros, música que podería definirse coas emocións que transmite.

Noa & Solis String Quartet, Silvia Pérez Cruz & Javier Colina Trío, Gabriela Montero, Uxía e Gregory Porter serán os responsables de subir ao escenario e ofrecer cinco concertos pensados para saborear sen présas, para deixarse levar con cada acorde, con cada nota. Un cartel marcado pola diversidade de estilos pero unidos por un denominador común: facer do Museo Centro Gaiás un lugar onde gozar da música cos cinco sentidos.

Programa:

21 de maio: Noa & Solis String Quartet
8 de xuño: Silvia Pérez Cruz & Javier Colina Trío
21 de xuño: Gabriela Montero
12 de xullo: Uxía
26 de xullo: Gregory Porter

Xeral:
10 euros na Zona B.
12 euros na Zona A.

Billeteira:
12 euros na Zona B.
14 euros na Zona A.

Facebook