ciclo Noites do Porto: Entradas esgotadas para Jorge Drexler + Tiago Iorc o sábado 22

Outubro 13, 2022

Xa non quedan entradas para o concerto que Jorge Drexler e Tiago Iorc ofrecerán o vindeiro sábado 22 na Coruña, no Peirao de Batería, incluído na segunda edición do ciclo Noites do Porto. O público aínda pode adquirir os seus billetes a través de www.noitesdoporto.com ou www.ataquilla.com para asistir aos concertos da banda madrileña Morgan (xoves 20), FernandoCosta e Gloosito (venres 21, últimas entradas dispoñíbeis) e o pianista James Rhodes (domingo 23), que presentará novo repertorio centrado en Chopin no peirao coruñés.

 

Ademais, a Sala Garufa acollerá a Noite de Inauguración (19 de outubro), con The Gulps e un DJ set de Alan McGee, e a Noite de Clausura (26 de outubro), con M. Ward. Ambas as dúas datas son actuacións exclusivas en Galicia no marco de Noites do Porto.

Facebook

7 hours ago

Ábrete de orellas
De VACAS , a canción de Titanic e 20 anos do Prestige. 😂👌👏👏👏 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook