ciclo EXPERIMENTA II de Tele Clube, Lugo.

Xullo 22, 2021

nota:

EXPERIMENTA II
Datas: 22, 23 e 24 de xullo de 2021
Lugar: Xardíns do Pazo de San Marcos e Xardíns do Museo Provincial.
Artistas: Homem en Catarse, Amorante, Strange Mystery Flower e Los Sara Fontán.

Entrada gratuita, respectando o aforo (as entradas están dispoñibles e poden reservarse a través do email: info@teleclube.com).
Organiza: Tele-Clube coa colaboración da Deputación de Lugo.

O Ciclo Experimenta naceu o pasado 2019, como un proxecto que xurde da incesante busca de dar outras vidas a agochados espazos da nosa cidade, e transformar o seu uso para outros destinos culturais e sociais para os que foron inicialmente deseñados, distintas artes coa música en directo como motor de movemento.
Con estes bímbios confecciónase o Ciclo Experimenta que Tele-Clube organiza, un ano máis, coa colaboración da Deputación de Lugo.

Neste 2021, os eixos nos que se fundamenta esta nova andaina do Experimenta serán riqueza e diversidade das linguas (este ano en portugués, galego, inglés, euskera e castelán), o audiovisual, a poesía e a mixtura da música folclórica e máis tradicional con propostas totalmente innovadoras e routuristas, que se desenvolverá en dous escearios distintos: os Xardíns da Deputación e os Xardíns do Museo Provincial… facilitando o movemento que provoca cambios na percepción no espectador, como actor principal do espectáculo, coa propia dinámica do cambio de tres espazos exteriores distintos, aínda coas limitacións que nos impón a pandemia, o público participante poderá desfrutar dunha viaxe sensorial sentado na súa cadeira.

PROGRAMACIÓN:
Xoves 22 de xullo – 20:30h. Xardíns do Pazo de San Marcos:
HOMEM EN CATARSE (Braga, Portugal – shoegaze, postrock e Fado)

Venres 23 de xullo – 20:30h. Xardíns do Pazo de San Marcos:
AMORANTE (Elgóibar, Euskadi – artista multiinstrumentista)

Sábado 24 de xullo – 12h. Xardíns do Museo Provincial:
STRANGE MYSTERY FLOWER (Ferrol – espectáculo poético-musical multidisciplinar)
LOS SARA FONTÁN (Calonge, Catalunya – emoción experimental e enerxía polirrítimica)
Saúdos,

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook