Chotokoeu é unha banda da Coruña formada no 2007. Pola natureza tan diversa dos seus integrantes, todo xénero musical ten un oco nas composicións, dende ritmos tradicionais galegos a ska, reggae, rock, rumba… e, sobre todo, festa e carallada.
Despois de pechar un dos días do festival Reperkusión -no que o cabeza de cartel era Manu Chao-, o grupo pasará a partir do 25 de xuño por León, Terrassa, Berlín, Brighton, Londres, Brest, Gante, Torino e Roma, entre otras muchas localidades. En Berlín actuarán no Fusion Festival, ao que acuden 55.000 personas cada ano e que está situado nun antigo aeródromo da II Guerra Mundial. En Inglaterra estarán unha semán. Ofrecerán varios concertos e exhibirán o seu espéctaculo de rúa: La Patxaranga, no que a banda fai versións de todo tipo: emorumbas, rock dos oitenta, boleros… A xira terá a sua última etapa percorrendo Italia de norte a sur, dende Torino ata Ragusa.
Os seus espectáculos (máis que concertos), exultan enerxía e conexión co público. A sua música resulta difícil de encasillar xa que o espectador pode escoitar e bailar dende ritmos balcánicos ata música electrónica, folk ou reggae. A música compleméntase con números de humor e malabares.
A formación actual da banda, un proxecto que foi impulsado nas suas orixes por Manu Clavijo (actualmente en Madrid), está formada por Marta Seco á voz, con Rubén Capelán -batería-, Brais López -saxofón-, Carlos Argibay -percusión-, Guillermo Giadanes -guitarra-, Hadrián Santos -teclados-, David Pardiñas -baixo- e Manu Fonte (guitarra e percusión) cargarán enerxía o vindeiro venres, 22 de xuño na Sala Filomatic da Coruña.
Regresarán aos escearios galegos o 5 de agosto para o Festival de Pardiñas e xa teñen pechadas datas en Rianxo, El Bierzo, Ourense, Finisterre e Baiona.