Chotokoeu

Decembro 26, 2015

nota:

Chotokoeu sae a voar (gal)

A banda galega colle os instrumentos, as mochilas e a furgoneta para presentar o seu novo disco en seis países

Con máis de 300 concertos ás costas en 5 anos e 6 xiras europeas, Chotokoeu é un dos grupos galegos con máis proxección en Europa; a sua festiva proposta abrangue estilos coma o Balkan, o Rock, o Swing e o Drum&Bass e a súa vocalista (e violinista) entoa os temas en galego, castelán, italiano e inglés, á fronte dun colectivo de sete persoas que leva oito anos nos escenarios e foi evolucionando ata a dedicación exclusiva á música.

Este novembro de 2015 presentan o seu novo disco, Saír a voar, que gravaron en Francia a principios de ano. Estiveron traballando nel amodiño e con agarimo para sacalo á luz e, por suposto, levalo de viaxe con eles nunha xira na que percorrerán 6 países en 15 días (Alemania, República Checa, Austria, Suíza e Francia) e continuarán pola península con concertos en Murcia, Elche, Granada, Madrid, Bual, Ourense, Vitoria e Compostela. Como fin de xira, o 26 de decembro teñen preparada unha festa especial na súa cidade natal, A Coruña.

En definitiva, Saír a voar é a frase que resume a actitude destes 7 músicos galegos, traballando por e para a música, co obxectivo de facer as ledicias do público alá onde van coa súa música e a súa enerxía.

AXENDA

Facebook

Garufa Club, A Coruña.