nota:
Aí vén o maio e, con el, unha nova edición do Sinsal Primavera, os concertos vinculados á experimentación e á creación contemporánea que celebramos en Vigo.
https://www.enterticket.es/eventos/sinsal-primavera-774284
Os días 19 e 20 de maio terás ocasión de gozar, ao vivo, da música de cinco proxectos de (e liderados por) mulleres de España, Portugal, Suíza e Turquía. Angélica Salvi, Ece Canli, Superorganismus -Tramontana e Luz González-, Ivankovà e Ana Lúa Caiano conforman o cartel desta edición, que se celebrará no MARCO de Vigo e na Sala Radar.
As entradas xa están á venda. As e os menores de 10 anos poderán acceder gratuítamente ao MARCO. Ademais, coa túa entrada para calquera das dúas xornadas no MARCO, poderás gozar, de balde, do concerto de Ana Lúa Caiano na Sala Radar. Para máis información, podes visitar a páxina web de Sinsal.