chega o III Minho Reggae Splash

Setembro 12, 2012

Festa inauguración III Minho Reggae Splash

O Xancarajazz será o punto de arranque da terceira edición do Festival Minho Reggae Splash que se celebrará esta fin de semana en Vila Nova de Cerveira. Os madrileños Blueskank inaugurarán a terceira edición do festival, cun concerto en acústico, o xoves 13 de setembro, a partir da medianoite na sala viguesa. O custe da entrada será de 3 euros.

O trío será unha das oito bandas que subirán ao escenario do Auditorio da Vila das Artes o 14 e 15 de setembro, pero antes achegarán a súa música á cidade Olívica nunha festa presentación na que interpretarán temas do seu último disco “Taking Off” (2011) en formato acústico. Blues, Funk, soul, música africana e como non, roots reggae.

Isto será só o comezo de dous días cheos de música e actividades variadas relacionadas co circo, a danza e a percusión e obradoiros dos que poderemos gozar entre o venres e sábado en Vila Nova de Cerveira, que un ano máis e van tres, encherase de ritmos reggaes e xamaicanos grazas a
artistas como o xamaicano Earl Sixteen, os brasileiros Habitantes de Zion ou os portugueses Urbanvibsz. Dende Londres chegará Bejammin e o seu
saxofón. Tamén poderemos escoitar aos pais do reggae, grazas ao trío madrileño Versionites, que reiterpretarán a aqueles que lle deron nome a este estilo como Bob Marley ou os The Wailers. Tampouco faltará a representación galega, cos vigueses Transilvanians, os coruñeses One e os ferroláns Natural Green.

Até o xoves poderase mercar o billete anticipado por 12 euros para os dous días de festival e con dereito a acampada na Praia da Lenta. Na billeteira o abono terá un custe de 16 euros e tamén haberá un billete único de un día por dez euros. Para máis información poden consultar a páxina www.minhoreggae.com.

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook