Che Sudaka

Agosto 15, 2012

Che Sudaka nas festas de Viveiro (Lugo) o próximo mércores 15 de Agosto ás 00:00 horas con entrada de balde.

O ano 2012 é un ano moi especial para o grupo CHE SUDAKA de Barcelona. Ten lugar o décimo ano desde a fundación oficial da banda en marzo de 2002. Ademais o contador dos seus concertos pasará o número 1.000: mil concertos en 23 países! E o grupo empeza co seu quinto álbum oficial de estudo unha etapa nova, tanto a nivel artístico como a nivel organizativo. Porque este álbum, titulado simplemente “10” en referencia ao seu décimo aniversario, por primeira vez será editado por completo en autoprodución baixo o seu propio selo discográfico CAVERNICOLA RECORDS. Con este valente paso CHE SUDAKA segue o seu camiño como banda independente e enfróntase con esta enerxía positiva tan especial e súa ao novo reto.

AXENDA

Facebook

14 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
23:59 h.
Praza Maior, Viveiro.
De balde.