nota:
21.00 CHANZO (electrónica/groove) + SOM DO GALPOM (hiphop) – Praza de Mazarelos
Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez e Alex Salgueiro inician CHaNZo. Un novo proxecto en liberdade. CHaNZo experimenta cunha nova paleta de elementos arriscados e informais, deixando que a música atope o seu propio camiño. Estes tres músicos galegos dispoñen da improvisación como fiel aliada, e comparten como unha obsesión a búsqueda de novos territorios musicais. CHaNZo é música negra pero non só. É electrónica pero non só. É groove pero non só. É música improvisada…
Som do Galpom son un grupo orixinal e heteroxéneo que mestura diferentes estilos musicais; a súa particular aposta vai dende o funk ata reggae pasando polo rap! Rap orgánico lle chaman… Veñen dende A Moninha, unha aldea preto de Compostela, e levan uns cantos anos percorrendo Galiza e a península mostrando o seu directo! A súa discografía está composta por dous traballos de estudo: ‘Em terra de ninguén’ e ‘A Galinha de Troia’. Na actualidade voltan aos escenarios despois dun breve paréntese e con máis enerxía ca nunca.
Compoñentes:
Gael Bassave (voz)
Brais Bassave (violino)
Guille Vistoso (guitarra e teclados)
Iván Bernárdez (baixo)
Pablo Rey (batería)