César Latorre Trío

Abril 16, 2015

nota.
César Latorre Trío | Jazz

César Latorre: piano; Petros Klampanis: contrabaixo; Iago Fernández: batería.
Presentará o seu novo traballo Collage.

César Latorre Trío foi creado no 2005 en Amsterdam por tres grandes amigos e compañeiros de estudos, o pianista español César Latorre, o contrabaixista grego establecido en Nova York Petros Klampanis e o batería letón Artis Orubs. Liberdade de interpretación, son actual e improvisación son as liñas mestras da formación. CL Trío foi galardoado na YPF Jazz Competition celebrada en Ámsterdam sendo xurado importantes figuras do jazz europeo como Enrico Pieranunzi, John Taylor e Bobo Stenson. No 2008 foi premiado no Hoeilaart Jazz Young Talent celebrado en Bruxelas. O trío participou noutros importantes concursos como o Jazz nad Odrą (Wroclav –Polonia–), o VI Concurso Internacional de Intérpretes de Jazz de Granada e Audiciones 2008 (Madrid). O primeiro CD de CL Trío leva por título Fastforward e contén composicións orixinais; editouno Free Code Records. Harmonía contemporánea e interacción instrumental xúntanse para lograr unha pequena viaxe a modo de experiencia sonora en cada tema. O segundo traballo verá a luz en abril do 2015 cun tour por España e o resto de Europa. Artis Orubs, compoñente ademais da Riga Jazz Big Band, non poderá acudir a esta cita e será substituído por un batería galego de enorme proxección, Iago Fernández, quen fora chamado a unirse á xira do excelente músico Avishai Cohen, por exemplo.

Facebook

Club Clavicémbalo, Lugo.