Caxade representará a Galiza no SUNS Europe, O Festival Europeo de Linguas Minorizadas

Novembro 24, 2015

nota:

Despois de 90 concertos e de editar o seu segundo disco e DVD, gravado ao vivo coa Banda de Música da Bandeira, o grupo de Alonso Caxade rematará o ano representando a Galiza no Festival Europeo da Canción en Linguas Minorizadas.

Udine (Friuli, Italia) acollerá o próximo 11 de decembro a nove bandas europeas no SUNS Europe, Festival que substitúe ao Liet Internacional que se celebraba en Frisia (Holanda) e que moitos comparan co Eurovisión dos grupos que escollen unha lingua minorizada para crear as súas músicas

UNHA DAS REVELACIÓNS DOS ÚLTIMOS ANOS

Un proxecto que conta cun par de anos e do que podemos falar xa como un referente da música galega. O bo acollemento da crítica, do público, as máis que satisfactorias vendas do seu disco de estrea (esgotada primeira e segunda edición), a grande cantidade de concertos por todo o país e Portugal, premios e nomemamentos fan de Caxade unha das revelacións dos últimos anos.

NOVO DVD + CD Á VENDA

Caxade remata ano publicando “A Dança dos Moscas ao Vivo” arroupado polos 60 músicos da Banda de Música da Bandeira. Este DVD e CD estará á venda o sábado 5 de decembro en todas as tendas do país, distribuído polo selo cooperativo Discos da Máquina, sendo a presentación oficial às 18h00 do mesmo día no Culturgal, A Feira das Industrias Culturais (no Pazo da Cultura de Pontevedra)

REPARA NOVO DISCO PARA PRIMAVERA

Alonso Caxade non ten parada. Acaba de anunciar que a semana seguinte de chegar de Udine (Italia), do Festival SUNS Europe, entrará no estudio para comezar a primeira fase da gravación do seu agardado próximo disco, o cal pensa publicar na primavera de 2016. Un 2015 moi completo e aproveitado até os últimos días, que preparan un ano próximo moi prometedor para Caxade.

AXENDA