Caxade & A Banda de Música da Bandeira

Decembro 06, 2014

nota:
estrea oficial e gravación do disco ao vivo no Culturgal 2014

Culturgal 2014 reserva a noite do sábado 6 de decembro para unha actuación moi especial no Pazo da Cultura de Pontevedra. Un grupo, Caxade, un disco, A Dança dos Moscas, unha banda, a de Bandeira, enriba do escenario. Máis de sesenta músicos para orquestrar ao vivo un disco cuxa primeira tiraxe se esgotou e que converteu a Alonso Caxade nun dos artistas de referencia da música actual galega.

Caxade e a Banda de Música da Bandeira é un proxecto de minixira que bota a andar o sábado 6 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, coa produción de Sinsalaudio, e da que sairá a gravación dun disco en directo. Sen dúbida, un proxecto tan atractivo como cobizoso cunha das bandas populares de recente creación. “Na Bandeira todo é música, independentemente da idade, é a principal ansia e tema de conversación na vila”, sinala Alonso Caxade.
Caxade son Alonso Caxade, voz e acordeón, Manu Paino, trompeta e carillón, Manu Espinho, bombardino, e Xosé Tunhas, batería. En 2013 presentaban A Dança dos Moscas (Discos da Máquina) converténdose axiña nun traballo moi valorado por crítica e público, con máis de medio cento de concertos celebrados até o momento, con actuacións destacadas como a da Quintana co grupo escocés “Belle&Sebastian, ou coa xira galega do grupo catalán Manel.. Obtivo o Premio Opinión ao Mellor Artista 2013 e foi finalista aos Premios Galegos da Música, aos Premios de la Música Independiente e aos Premios Martín Códax da Música.

O concerto “Caxade e a Banda de Música da Bandeira” celébrase o sábado 6 de decembro ás 21.30h no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. As entradas podense comprar online en servinova.com, en Compostela na tenda de discos “Miranda – Cultura para levar” e “Libraria Pedreira”, en Pontevedra na “Libraria Paz”, e tamén no Culturgal nos propios dias da feira.

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:30 h.
Pazo da Cultura de Pontevedra.
6 €