Caxade

Xullo 18, 2017

nota.

CAXADE é o proxecto persoal de Alonso Caxade. Un proxecto transgresor que publicou o seu primeiro disco “A Dança dos Moscas” hai pouco máis de dous anos e que comezou, subindo vídeos en youtube que tiveron grande repercusión e fixo que o público demandase concertos da banda.

Logo de 100 concertos de presentación do seu primeiro disco por Galiza e Portugal (esgotando as dúas edicións do mesmo), de publicar un CD/DVD gravado ao vivo nun concerto especial feito cos 60 músicos da Banda de Música de Bandeira, podemos falar de Alonso Caxade como o artista revelación galego nos últimos tempos, un nome que veu para quedarse e que xa forma parte das referencias da música galega.

O 14 de maio de 2016 estreou o seu segundo traballo discográfico de estudio titulado “E isto é o Amor”, producido novamente polo propio Caxade e distribuido polo selo discográfico Discos da Máquina.

E ISTO É O AMOR

E isto é o amor, é o título do novo disco e tamén do single que lanzou Caxade en forma de vídeoclip fai unha semana. O grande número de visualizacións en tan poucos días, chaman por unha xira de presentación tan grande como co anterior disco. Foi gravado por Javier Antelo Seoane (o cámara habitual que acompaña o proxecto desde o se inicio) e dirixido polo pintor Leandro Lamas coa participación da compañía Carrachanacacha Teatro. É a única peza do disco que ten unha letra que non é do propio autor, trátase dun poema do escritor Séchu Sende.

Co apoio da Rede Galega de Música ao Vivo.

AXENDA

Facebook

22 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:30 h.
Pub Aturuxo, Bueu.