Caxade

Maio 30, 2015

nota.

6 € / 3 € (soci@s)
Caxade (folp-pok de banda de música) é o novo proxecto persoal de Alonso Caxade. Indie-folk cun arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da vella Europa. Música elegante, modesta e sinxela, surrealismo post-modernista e discurso reivindicativo, metafórico e irónico. Nominado aos Premios Galegos da Música, Premios de la Música Independiente, Martín Códax e Mestre Mateo (polo vídeoclip Gente Pota) gañou o Certame Música Xove e o Premio Opinión Ao Mellor Artista. Caxade é neste momento umha banda musical, mais naceu no último trimestre do ano 2012 como um proxecto audiovisual transgresor a través da publicación das video-creacións Dança dos Moscas, Gente Pota e Sr. Xorda (con Javier Antelo Seoane, Íria Pinheiro e Tánia Ameneiro), un universo surreal de persoas poderosas con cabezas que soan ao choco das potas, que moven fíos para enganar-nos no menú que temos que comer, con pretensións de nos ilusionar converténdonos en moscas danzando ao redor do seu manxar favorito e que, no fondo, crean a utopía coa que soñan: que non nos escoitemos nin nos organicemos, porque eles tampouco queren ouvir. En novembro de 2013 editou o seu primeiro traballo discográfico A Dança dos Moscas coa banda formada por: Manu Paino (trompeta e carillón), Manu Espinho (bombardino), Xosé Tunhas (batería) e o propio Alonso Caxade (voz e acordeón). O 6 de decembro de 2014 apresentou-se o novo proxecto de Caxade coa Banda de Música da Bandeira. Sesenta músicos ao palco do Pazo da Cultura de Ponte Vedra, no concerto grande do sábado do Culturgal (A Feira Galega das Indústrias Culturáis) para representar o disco A Dança dos Moscas cunha orquestración de Manu Paino.

Facebook

23:30 h.
Bar Liceum, Porriño.
3 / 6 €