Castello Branco

Maio 05, 2018

nota:

Sábado 5 de maio. Ferrol. Teatro Jofre

Apertura de portas: 20:30h. Concerto: 21:00h. Entrada adiantada: Dende 8 euros. Billeteira: 10 euros. Venda de entradas en www.ataquilla.com e billeteira do Teatro Jofre.

O brasileiro Castello Branco presenta o seu segundo traballo “Sintoma”, que o sitúa ben alto entre os novos talentos do país carioca.

Castello Branco é un dos maiores talentos da súa xeración en Brasil. Coa lección ben aprendida na música tradicional brasileira e aportando a dose adecuada de curiosidade e espiritualidade, Branco asinou un disco de debut, “Serviço” que deixaba a un sen respiración desde a primeira escoita. Regresa cun novo disco debaixo do brazo “Sintoma”, que segue o ronsel do seu anterior traballo e que o converte nunha realidade dentro da nova escena no seu país. Castello Branco non disimula as súas raíces, pero sabe vestilas de xeito adecuado para non soar a algo xa escoitado algún día. Hai moita beleza nas súas composicións, moitos pequenos detalles en cada rincón que converten as súas cancións en instantes cheos de felicidade e nostalxia. Branco ten unha facilidade aplastante para encadear melodías en texturas delicadas e con ese toque que só os músicos brasileiros saben aportar ás súas composicións. Hai ritmo e hai dozura, hai guitarras de veludo coma se Joao Gilberto se apropiara das seis cordas, hai voces que acariñan e hai saudade e alegría. Un gran descubrimento!

AXENDA

Facebook

47 minutes ago

Ábrete de orellas
o novo de Quant ... See MoreSee Less
Ver en Facebook