Cass McCombs

Xaneiro 19, 2014

nota:

Cass McCombs presenta en Santiago o seu último disco “Big wheel and others”.
Cass McCombs, un dos referentes do panorama folk rock norteamericano, actuará en Santiago o vindeiro domingo, 19 de xaneiro. O artista estará en concerto no Salón Teatro a partir das 20:00 horas. No directo, McCombs presentará os temas do seu último traballo “Big wheel and others”.

As entradas para asistir teñen un prezo anticipado de 15 euros e de 18 euros no día do espectáculo. Están á venda no despacho de billetes do Teatro Principal (de martes a sábado e xornada do evento, de 18:00 a 21:00 horas) e entradas.novagaliciabanco.es.

O artista norteamericano chega a Santiago de Compostela para presentar o seu flamante novo traballo “Big Wheel and Others”, que supón o séptimo na súa imparable traxectoria e que de novo edita Domino Records, fogar de populares e prestixiosos grupos coma Franz Ferdinand, Artic Monkeys, ou delicatessen coma Bonnie Prince Billy ou Ducktails.

A carreira de Cass McCombs, nun terreo estilístico aberto pero próximo ao folk rock americano da costa este, é a dun nómada inquedo que fai que lle guste vivir en cámpings e ata en coches, e asegurar que quere que na súa lápida poña “Por fin en casa”, pero que por outra banda goza dun enorme recoñecemento, tanto en EE.UU. coma en Europa, do que da conta a súa participación en festivais de primeira magnitude e que medios de referencia coma Pitchfork, Jenesasipop.com ou Paste, estean totalmente rendidos ante as composicións do californiano.

No seu concerto no Salón Teatro de Santiago de Compostela, unha das primeiras datas en Europa da presentación do seu novo doble LP, estará acompañado dunha robusta banda, co que poderemos disfrutar de todos os matices da complexa obra deste imprescindible autor contemporáneo.

“Big wheel and others” é o sétimo traballo de Cass McCombs, lanzado en outubro de 2013 por Domino Records. Trátase do disco máis completo deste singular artista, no que conta historias evocadoras a través da introspección, cunha melancolía desgarradora asentada no misterio e o romance. Trátase dun dobre álbum con 22 temas, que contempla un amplo abano de xéneros: cancións de estrada, rock, música popular, blues, country, R&B, baladas, etc.

O disco é, segundo a crítica, un novo chanzo de calidade na carreira de Cass McCombs (California, 1977) e un dos mellores traballos internacionais do ano. Artista nómada e nome clave do panorama folk rock da costa este norteamericana, McCombs inaugura con este concerto de Santiago de Compostela a súa xira española.

PREZO: 15 euros anticipada, 18 euros no día.
ENTRADAS: Teatro Principal, entradas.novagaliciabanco.es.

AXENDA

20:00 h.
Salón Teatro, Santiago de Compostela.
15 / 18 €