Cartel musical notábel para a 40ª Festa do Queixo de Arzúa: 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo

Xaneiro 30, 2015

Vimos de coñecer o cartel musical da Festa do Queixo de Arzúa e nun aniversario redondo apostan por engadir á proposta habitual unha noite de venres 27 con protagonismo de bandas galegas: a veterá e roqueira Ruxe Ruxe e a revelación indie-folk de Caxade. Abrirán Foo, gañadres do concurso Queixo Maketón, e pechará Disconature DJ.

O pop-rock ten no sábado 28 de febreiroo seu día con Isma Romero, Los Enemigos, os portugueses The Gift e a sesión de DJ Floro.

O tradicional domingo de corte máis folclórico tamén presume de nomes de peso: o vasco Kepa Junkera e a referencial formación galega Treixadura.

Bo queixo, bonita oferta musical e barata a máis non poder: de balde.

AXENDA

Facebook

18 hours ago

Ábrete de orellas
Narci Rodríguez dA Trio- DIG IT (Official video) ... See MoreSee Less
Ver en Facebook