cartel da terceira edición do SilFest Valdeorras, nas beiras do Sil ao seu paso polo Barco

Xullo 11, 2018

nota:

19, 20 e 21 de Xullo de 2018. Esa é a data elixida para celebrar a terceira edición do SilFest Valdeorras, un festival multicultural nunha contorna única, as beiras do Sil ao seu paso polo Barco de Valdeorras (Ourense)

O Consello Regulador do viño da Denominación de Orixe Valdeorras é o patrocinador principal nesta edición, e iso nótase na multitude de actividades que dende a organización preparamos en torno ao viño: catas de viño con poesía, cata de viño con batalla de músicos, curso de maridaxe de queixos con viños de Valdeorras e visitas a algunhas das adegas da D.O. Valdeorras. Ademais dunha zona de exposición e venda onde poder obter información, probalos, e comprar por copa e botella os mellores viños da zona.

Nesta terceira edición o festival dá un salto con respecto á súa programación de anos anteriores, máis música e máis actividades. Por iso este ano cobrarase unha entrada para poder acceder ao evento:
– Entrada xeral: 15€ + gastos de xestión_entrada para dous días con acampada incluída.
– Entrada infantil: 4€ + gastos de xestión_entrada para dous días con acampada incluída.
– Entrada con visita a adega: 25€ + gastos de xestión (inclúe entrada os dous días ao festival, acampada e visita a unha adega o sábado pola mañá con cata de dous viños e petisco)
As entradas pódense adquirir desde hoxe mesmo na web do festival: www.silfestvaldeorras.com

No musical, un cartel de luxo con varias bandas referencia do Pop, rock e indie español: Varry Brava, Dinero, Grises, Nunatak, The Parrots, e moitos máis…

Outro dos atractivos deste ano será a especial atención aos máis pequenos creando un festival paralelo: O Mini SilFest.
Durante toda a tarde e noite do venres e o sábado todo o día os menores de 3 a 15 anos poderán gozar de talleres infantís, visitas guiadas polo backstage do festival, rocódromo, navegación en kaiak, circuíto de monos entre as árbores, hinchables, pintura de cara e moitas cousas máis.
Na parte artística poderanos gozar das actuacións de Kote Malabar e de Magín Blanco que vén presentar a beiras do Sil o seu novo traballo “Camiños”.
Como novidade tamén, as actividades infantís alongaranse ata as 00h da noite aproximadamente, cun karaoke infantil o venres e a última película de Disney, “Coco”. Nestas actividades os nenos estarán supervisados polas monitoras da organización en todo momento para que os seus papás poidan gozar dos concertos do festival.

AXENDA

Facebook