nota:
a Casa das Crechas abre a súa programación cun concerto de Carmen Rey que fora adiado por mor da folga do 8 de marzo. A cantora coruñesa presenta o seu novo disco, “…mañá…”, que chega logo de oito anos da publicación do seu anterior disco, “Meu”.
Neste tempo, Carmen compaxinou o seu proxecto persoal co traballo á fronte doutros proxectos. A artista é directora e arranxista do coro feminino de música moderna Sisters in the House (finalista dos premios Martín Códax) e do cuarteto vocal Ejazz (gañadoras do Martín Códax, 2017 na categoría de coros e música vocal).
Para o directo presenta un novo formato en acústico, piano e voz, acompañada aos coros de Angeles Dorrio e Sara Lorenzo.
Na súa carreira, Carme Rey compartíu escenario con Nani García, Jorge Pardo, Brian Trainor, Perico Sambeat, Jeff Jerolamon, Richie Ferrer, Tom Güllion o Baldo Martínez e fixo colaboracións con diferentes artistas galegos como Xabier Díaz, Pablo Díaz, Xosé Manuel Budiño, Emilio Cao, Verónica Ferreiro, Angeles Dorrio. Destacando a gravación da banda sonora de ‘De Profundis’, de Miguelanxo Prado, xunto a Ainhoa Arteta.