Este coruñés de adopción, gran afeccionado ao blues e os seus derivados edita un sorprendente disco de debut. Onde estivo ata agora ?… pois non é un cativo. Acompáñase dunha “troupe” na que atopamos músicos que están ou pasaron polos Bluesmakers de Miki Nervio ou a Mr.Dixie Band, sen dúbida nomes con prestixio na escea non só coruñesa. Mais non se asunten quen no sexan entendidos en blues, pois non é necesario para degustar este disco de aire clásico e ben ameno, con temas lentos (“Lost in my Own Room”), medios tempos (“Yellow Meadow”) e algún máis bailable, como “Blues Wander Round the Room” ou o sinxelo “Sitting by the fire”. Ao longo das 8 cancións propias e 4 versións, atopamos un disco coa coidada produción de Casa de Tolos e uns Mañufe Horns nos metais arroupando á banda e á voz rasgada de Childe. Destaca gratamente o elegante aire latino en “The House of the Rising Sun” e unha “Blue Moon” máis relaxada, mais era necesaria outra versión do “Summertime” ? Un disco ben disfrutable editado por PAI-Música. Pepe Cunha, 2-novembro-2007
Featured