O venres 11 e o sábado 12 de xaneiro , Carlos Blanco gravará no Teatro Colón da Coruña en galego e castelán catro monólogos diferentes.
Un resumo de máis de 10 anos de humor que o levaron a actuar por toda Galicia, pero tamén por Madrid, Barcelona, Lisboa, Berlín, París, Londres, Bos Aires ou Montevideo. Máis de 2.000 representacións. Millóns de gargalladas.
Agora, por fin, gravadas en directo.
UN PERFECTO AGASALLO DE NADAL (e con albariño Paco&Lola de regalo para compras de 5 ou máis entradas). E con 100 entradas ao 50% de desconto para parad@s.
Porque nada mellor que comezar o ano con humor, afrontar xaneiro con humor. CON BO HUMOR.
Espectáculo non recomendado a menores de 14 anos.
Venres 11 ás 20.30 horas e sábado 12 ás 22.30 horas – Espectáculo en galego.
Venres 11 ás 22.30 horas e sábado 12 ás 20.30 horas – Espectáculo en castelán.