PREZO: 10 / 8 / 5 €
Con tan só 15 anos Carlos Ares está chamado a facer historia e deixar a súa pegada no mundo da música. Compón, toca a guitarra e o piano e canta as súas propias cancións. Dono dun feeling especial e dunha personalidade única, Carlos Ares non deixa indiferente a ninguén. Aborda cada melodía cunha enorme seguridade e unha confianza innata.
Na actualidade atópase ao fronte da súa propia banda xunto a Fernando Fraga ao baixo, Christian Delgado á batería e Alan Ponte á guitarra. Arroupado polas voces de Carmen Rey e Ángeles Dorrio como artistas convidadas e coa escenografía de Susana Crespo este espectáculo marcará un antes e un despois na súa carreira.