Carapaus

Xuño 29, 2012

4 € / 2 € (soci@s)
Carapaus é o nome que reciben os xurelos no sur do país e en Portugal. Cinco músicos formados durante anos na música tradicional, procedentes de formacións con amplía traxectoria como Chouteira, Ultreia ou Tintafemia, xúntanse para dar forma a este grupo de recente creación. Nos directos soan múltiples instrumentos da tradición galega (gaitas, frautas, zanfona, acordeón, percusións, e sobor de todo voces) combinados en diferentes formacións; que non deixan de dar frescura e ritmo durante o tempo que dura o espectáculo. Acaban de gravar o seu primeiro disco Resolvendo que estará no mercado esta primavera. Carapaus son: Gustavo Couto (voz e tambor), Oli Xiráldez (frautas e zanfona), Emilio Lois (gaitas e voces), Sabela Galbán (acordeón e voces), Adrián Lareu (bombo e voces).

AXENDA

Facebook

5 days ago

Ábrete de orellas
DULZARO e Mondra xúntanse en "Un labradorito" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
23:00 h.
Bar Liceum, O Porriño.
2 / 4 €