Caraba + Balsosa Amarilla + Los Lentos

Outubro 06, 2012

Caraba.
Este grupo vigués, creado hai tres anos, está formado por Pablo Miguélez “Greñas” (batería e programacións); Xermán Bugallo (voz e guitarras)
e Nicolás de la Flor (baixo). O seu traballo “Que tengas un buen día” é un álbum de pop-rock, con melodías de saxo que sorprenderá.

Los Lentos.
Este grupo galego editou o seu primeiro disco con Arca de Noé. Este primeiro traballo foi gravado, editado e mesturado nos estudos Casa de
Tolos en Gondomar (Pontevedra). Esta nova formación de novas promesas musicais, da comezo así á súa carreira musical para ofrecer temas propios con influencias dos grandes clásicos do rock&roll, blues e o funky.

Baldosa Amarilla.
Nace no Porriño. Dende a súa fundación a banda estivo constituída por Frus (Voz), Jose Núñez (Guitarra), Iago Bastos (Guitarra), Gatsby (Guitarra e Coros), Alex Crende (Baixo e Coros) e Moses (Batería). Tras subirse por primeira vez a un escenario como Baldosa Amarilla no festival universitario Leonardo DaVinci. Agora presentan o seu novo traballo “La colisión invisible”, autoproducido e gravado en Océano Estudios.

18:00 h.
Detrás do Marco, Vigo.
De balde.