Cantos na Maré volve a Pontevedra para facer da lingua e a música a chave para abrir o mundo

Decembro 16, 2015

nota:

Cantos na Maré, o Festival Internacional da Lusofonía, volve un ano máis ao Pazo da Cultura de Pontevedra, para facer da lingua e da música “a nosa chave para abrir as portas do mundo”. Así o contou no Culturgal Uxía, directora artística do proxecto, nun encontro en formato charla no que tamén participaron a concelleirade Cultura de Pontevedra, Anxos Riveiro, e o director da Agadic, Jacobo Sutil, e que estivo moderado pola xornalista Teresa Cuíñas. Todos eles destacaron a autenticidade do festival, que busca sorprender en cada edición con novos descubrimentos e a interacción entre artistas diversos das dúas beiras do Atlántico, ofrecendo un espectáculo único e irrepetible. Ademais da data, o 16 de xaneiro, revelaron os primeiros nomes do cartel: a brasileira Thaïs Morell, a africana de Guinea Bissau Karyna Gomes e o dúo galego formado por Uxía e Narf (Fran Perez) no seu proxecto Baladas da Galicia Imaxinaria.

“Cantos na Maré é máxico polo que pasa enriba do seu escenario, que comparten por pirmiera vez artistas moi diversos e diversas, e polo coñecementos que teñen uns de outros”, destacou Anxos Riveiro, que lembrou tamén que “a iniciativa naceu en Pontevedra hai tempo grazas á
vontade de persoas que queren achegarnos a outras culturas e tender pontes”. Pola súa parte, Jacobo Sutil falou co festival como “precursor entre os eventos culturais cuxo formato fomenta a convivencia”. Subliñou tamén a súa importancia pola súa capacidade de exportación de
creadores galegos e por mirar ao mercado lusófono como estratéxico para Galicia.

“Para esta edición quixemos volver á lingua como eixo central, posto que no 2016 se lle dedica o día das Letras Galegas a Manuel María, que dixo esta frase: o idioma é a chave coa que abrimos o mundo”, explicou Uxía. Neste senso sinalou que a súa función é facer de fío condutor para que os artistas sintan que veñen á súa casa, onde nace a lingua e logo se espalla polo mundo.

Con respecto ao cartel desta edición dixo que pretende sorprender e descubrir novos nomes que nos seduzan, como o de Thaïs Morell, “unha gran descoñecida da que a crítica está comezando a falar marabillas” e Karyna Gomes, “a revelación máis recente da música africana”. Reservouse algunhas sorpresas, que se darán a coñecer nas vindeiras semanas.

Cantos na Maré 2016 buscará de novo compoñer un repertorio específico para a ocasión, logo dunha semana de ensaios e convivencia entre os artistas participantes, acompañados de novo por unha banda tamén internacional, coa dirección artística de Uxía e a dirección musical de Paulo Borges.

A nova sonoridade de Guinea Bissau
A musicalidade de Karyna Gomes ten raíces na súa Guinea Bissau natal, onde medrou escoitando a música tradicional do seu país, a música urbana local e ritmos de todo o mundo.
Está influenciada tamén pola mestizaxe e a experiencia de ter vivido en tres continentes: África, América e Europa. Iniciou a súa carreira profesional en 2005 e axiña recibiu un convite para integrar o histórico e revolucionario grupo de Guinea Bissau Super Mama Djombo. Neste tempo ten compartido escenario con artistas de renome na escena musical lusófona como Tito Paris, Pricezito e Diva Barros. Agora vén de gravar o seu primeiro disco en solitario, “Mindjer”, producido polo director musical de Cantos na Maré, Paulo Borges.

Música de cores cambiantes e afastada de clixés
Thaïs Morell pertence a esa nova xeración de músicos brasileiros que percorreron o planeta de norte a sur e de leste a oeste, empapándose de culturas variadas e que agora son capaces de entrar con naturalidade en calquera estilo musical que se propoñan. Dende a súa Curitiba natal viaxou de París a Finlancia ou Ghana, ata asentar en terras valencianas. Cun directo impresionante, intenso e delicado, mestura a bossa-nova cunha gran diversidade doutras músicas, destacando pola súa maneira de tocar a guitarra. Escoitala supón mergullarse nun mundo de cores cambiantes, que racha en poucos minutos con todos os convencionalismos da música brasileira. Este ano brindounos a súa segunda aventura discográfica, “Amaralina”,
unha xoia de múltiples sonoridades que reafirma o seu estilo sedutor e a súa propia personalidade musical.

A Galiza imaxinaria en dúas voces imprescindibles
Uxía e Narf percorreron algúns dos camiños máis interesantes da música galega das últimas décadas. Agora unen os seus pasos para mesturar sons e afinidades, compartindo dúas bagaxes diferentes pero coherentes: un encontro con raíces no rock e na música tradicional, que se unen no gusto polas boas cancións. Uxía e Narf recuperan algúns dos temas máis coñecidos do seu repertorio e crean outros novos xuntos.
Uxía, directora artística de Cantos na Maré, comparte este proxecto con Narf, compositor e cantor de longo recorrido, parte do cal está ligado ao entorno do mundo lusófono. Gústalle definirse como “cancionista” e a súa obra caracterízase pola forte personalidade e a busca constante de orixinalidade.

Jorge Palma é a última confirmación do cartel de Cantos na Maré 2016. Un dos piares da música rock portuguesa, un autor de culto, gran pianista, guitarrista e compositor, cunha morea de discos ás costas, moi coñecidos polo gran público. Marcou toda unha xeración de músicos do seu país e, ollo ao dato, será a súa primeira vez actuando en Galicia.

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook