nota:
Sábado 14 de setembro (7€ anticipada / 9€ billeteira) – de 19.00 a 1.00
Sesión DJ
Livia Mattos (BR): A súa música mestura a música popular brasileira con influencias cosmopolitas, como o baile caribeño, a música nordestina e outras músicas rexionais do Brasil.
Sesión DJ
Tierra Fértil: proxecto que revisa a música de raíz e a improvisación con marabillosos músicos de Guiné-Bissau, Brasil, Galicia e Cuba: Alejandro Vargas, Dandara Dandara, Mú Mbana, Mauricio Caruso, Jose Manuel Díaz e Carlos Freire.
Assa Matusse (MZ): Vén de publicar o seu primeiro disco, ‘+ Eu’, que confirma a mozambicana como unha artista que fai da música un produto máis alá do efecto estético. Trátase dun traballo que quere ser un exemplo de loita, vencendo o medo, a soidade e o pesimismo.
Brazil Dub (BR): Orixinarios do estado do Espírito Santo, naceron hai pouco máis de un ano e son xa considerados pola crítica a nova promesa da escena reggae.
NaPalma (BR/MZ): O seu espectáculo é o resultado da mestura de grooves electrónicos poderosos coa percusións, os ritmos que proveñen da herdanza afrobrasileira e as voces en portugués, inglés e shangaan (Mozambique).