Cantos na Maré: Clara Peya

Setembro 15, 2019

nota:

CLARA PEYA

DOMINGO 15 DE SETEMBRO ÁS 18:00 HORAS NO TEATRO PRINCIPAL

España – pop, jazz, electrónicaPianista e compositora, Clara Peya é considerada unha das creadoras máis orixinais e únicas que apareceron nos últimos tempos na escena musical do país.

Unha biografía frenética que transita entre a música, elo teatro e o activismo e que este 2019 foi recoñecida co Premio Nacional de Cultura da Generalitat de Cataluña e co galardón a Mellor disco do año pola crítica dos Premios Enderrock para ‘Estómac’ (Satélite K, 2018).

Musicalmente, Peya é inclasificable: bascula entre a música de cámara, o jazz, o pop e a electrónica, mantendo sempre como centro de gravidade o piano.

Ela é enerxía e sentimento en estado puro, sen deixar de lado o grito e o compromiso coa liberdade. Unha personalidade artística contaxiosa e torrencial que en directo se ispe, se transforma e se dispersa por todo o escenario e máis alá. A súa forma persoal de tocar fixo que sexa considerada unha das pianistas catalás máis escénicas e transgresoras.

Feminista declarada, defínese a si mesma como «inquieta, visceral, intensa e transcendente». Clara Peya fuxe de tópicos e, sobre todo, cree no poder da arte para a denuncia «á miña música dígolle romántico-contemporánea ou punki-romántica». A música éo todo para ela, utiliza o piano para expresarse, ser libre e transmitir ideas.

Web:

AXENDA

Facebook